Consello Español para a Defensa da Discapacidade , Dependencia e as persoas maiores - Galicia

A atención á diversidade beneficia

a toda a sociedade

Pontesan

A maior feira de saúde e

benestar de Galicia

traballamos-por-e-para-quenes

Traballamos por e para quenes desexan facer posible a inclusión

As persoas con discapacidade, aquelas en situación de dependencia e as persoas maiores teñen o dereito a vivir de maneira independente e a ser integradas na comunidade, segundo as súas propias eleccións ou estilo de vida. Para conseguilo, necesitan contar con servizos e apoios que lles permitan existir, formarse e traballar de maneira autónoma, ademais de recibir unha atención sanitaria adecuada.

O Consello Español para a Defensa da Discapacidade e a Dependencia de Galicia (CEDDD Galicia) é a organización máis aberta, diversa e libre, que representa a calquera entidade, asociación, fundación, colexio profesional, sindicato, empresa, centro especial de emprego, centro de educación especial, profesional e, en xeral, a todas aquelas persoas ou organizacións, con ou sen ánimo de lucro, que traballan en favor das persoas con discapacidade, en situación de dependencia e as persoas maiores.

Áreas de actuación

A calidade dos servizos redunda na calidade de vida das persoas. O CEDDD comprométese a garantir que todas as persoas con discapacidad ou algún grado de dependencia, dispoñan de servizos e apoios de calidade durante todo o seu curso vital.
infancia-familia

Infancia e familia

A discapacidade e a dependencia son situacións que, alén das persoas que a padecen, afecta a toda a familia. A vulnerabilidade da infancia, a repercusión directa dos familiares máis achegados aos menores na súa recuperación e desenvolvemento; fan que o CEDDD traballo as vicisitudes dos nenos e nenas de forma holística co entorno familiar.
ancians-dependencia

Anciáns e dependencia

Todas as persoas nalgún punto da vida precisamos apoios sociosanitarios para poder seguir vivindo con dignidade e nun contexto onde poder disfrutar dos avances da ciencia e a tecnoloxía, e cunha ética clara dos coidados. Traballamos polo dereito de cada persoa maior a poder elixir o formato de vida que desexe conforme ás súas circunstancias personais, familiares, económicas e sociais.
educacion

Educación

A integración real das persoas con discapacidad pasa pola necesaria coexistencia da educación especial e a educación ordinaria. Convivencia que, por outro lado, garante o dereito dos pais a “elixir a educación que queiran para os seus fillos”, recoñecido no artigo 27 da Constitución.
saude

Saúde

A garantía do dereito á saúde pasa pola necesaria cooperación entre o Sistema Nacional de Saúde (SNS) e a sanidade privada, tal e como deixou patente a recente emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19. A colaboración entre ambas permitirá facer fronte aos retos que plantexa o futuro en termos de envellecemento poboacional, cronicidade e demanda de servizos sanitarios.
accesibilidade-universal

Accesibilidade universal

De acordo á “Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade”, a accesibilidade universal é un dereito que implica a posibilidade real dunha persoa de ingresar, transitar e permanecer nun lugar, de forma segura, confortable e autónoma. A eliminacións de barreiras beneficia á totalidad da sociedade.
emprego-discapacidade

Emprego e discapacidade

Tendo en conta que a taxa de emprego das persoas con discapacidade en España é do 25%, os Centros Especiais de Emprego – con polo menos o 70% do persoal con discapacidade – son unha das vías máis seguras para a súa integración no mercado laboral. Así mesmo, permítelles autonomía económica, un proxecto de vida, una mellor autoestima e una inclusión social real.Emprego e discapacidade

Recursos de acceso libre

noticias-ceddd

Noticias CEDDD

rincon-social

Rincón Social

jornadas-ceddd

Jornadas CEDDD

Os nosos principios fundamentais

enfoque-transversal

Enfoque transversal e pluralidade de opinións

persoas-no-centro

As persoas no centro das decisións

icono axenda

Compromiso coas metas da Axenda 2030

corresponsabilidade

Corresponsabilidade na atención e o benestar

icono alianzas e redes

Fomentar o coñecemento, as alianzas e o traballo en rede

papel-activo

Entidade cun papel activo na elaboración de propostas e solucións

icono accesibilidade

Accesibilidade universal

colaboracion

Colaboración entre o sector público e privado nos servizos

icono toma de decisions

Liberdade para tomar decisións

internacionalizacion

Impulso da internacionalización

Membros de ceddd galicia

avan-logo
xordos-ceibes-logo
xoga-logo
asseii-logo
asseii-logo
adahpo-logo
afapo-logo
luzada-logo
asampo-logo
asampo-logo

Información actualizada, apoio e asesoramento, recursos e moitos máis beneficios uníndote a CEDDD Galicia. Axúdanos a facer da sociedade un lugar máis inclusivo!

Ir al contenido